É moi difícil precisar tanto os comezos como os motivos polos que xorde o Entroido en Vilariño de Conso xa que non se atopa documentación nin publicacións que nos dean unha época ou período exacto onde situar os seus comezos. Algúns autores sitúan o comezo destas festas na Idade Media, sinalando que os disfraces teñen claramente un significado na cultura medieval. Outros, sinalan a orixe do entroido na época en que os romanos tendo en conta a forte romanización de Galicia e en particular no Concello .
Pero sen embargo os habitantes desta zona estamos convencidos de o entroido non era máis que rituais pagás que facían os castrexos para despedir o inverno e darlle a benvida a primavera, e con ela a fertilidade dos campos e colleitas, así como a das mulleres, o brotar das flores e dos froitos.
É pois o entroido de Vilariño de Conso un entroido tradicional de celebracións de rituais ancestrais, espectáculos de sons, danzas, foliadas e fariñadas. Todo nun ambiente de sorna e diversión.
A Asociación “Xuntos polo Fulión” programou múltiples actividades para promocionar esta celebración no municipio de Vilariño de Conso. A programación iniciase o xoves día 6 até o 26 de Febreiro que rematará co Enterro da Sardiña. Os veciños e veciñas do lugar conmemoran nestes días unha das celebracións máis ancestrais do lugar declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.
O programa prevista para o Entroido 2020, é o seguinte:
Xoves de Compadres
Este ano é o día 13 de Febreiro, pero nos, volvémolo celebrar o día 14 de Febreiro. A colga do lardeiro será ás 20:00 horas e despois a cea dos homes en Vilariño.
Xoves de Comadres
Será o día 20 de Febreiro. O día 21, pola mañá os nenos e nenas do C.E.I.P. San Martiño e do P.A.I. de Vilariño se Conso, ensinarannos os seus disfraces no colexio, estades todos convidad@s! Ás 20:00 horas haberá unha ronda de Fulión polo pobo de Vilariño, colga da lardeira e a continuación, a cea de mulleres.
Chegou o GRAN DÍA. Sábado de Entroido. 22 de Febreiro.
Ás 11:30 horas, na praza de Vilariño, terá lugar a lectura do pregón a cargo de Xosé Manuel García, locutor e diretor do programa Xosé Manuel García e apertura dos defiles a cargo da Banda de Gaitas Municipal. A continuación, comezará o desfile de Fulións. As carrozas participantes neste desfile, sumaranse ó Concurso de Carrozas.
Ao remate do desfile, ó redor das 14:30 horas, celebrarase a XXXI Festa do Cabrito. As entradas desta Festa, son limitadas, cun prezo de 17 euros por entrada, se é mercada antes do día 16 de Febreiro, e nos días posteriores será a 25 euros por entrada.
Tamén podedes mercar as entradas a través da entidade bancaria ABANCA ingresando o importe no número de conta: ES47 2080 0455 0930 4000 3661
As entradas vendidas pola entidade bancaria, recóllense nun stand que haberá na entrada na carpa ese día ás 14:00 horas.
Tamén están a venta nos seguintes puntos:
- Carnicería Nogueira (A Rúa)
- Tri-Sport (O Barco).
- Supermercado Cernamouro, Panadería Guerra e Bar A Ponte (Vilariño de Conso).
As 18:00 horas exhibición de Boteiros e Bombos e despois festa da Discomóbil A Gramola e a Orquesta Olympus. Durante o transcurso da festa terá lugar lugar o concurso de disfraces.
Domingo Gordo. 23 de Febreiro.
As 18:00 horas visita a un pobo e pequena representación de versos dunha foliada tradicional.
Luns de Entroido. 24 de Febreiro.
Ás 19:00 horas ronda de fulións e degustación de "Porco ó espeto".
Martes de Entroido. 25 de Febreiro.
Ás 19:00 horas ronda de fulións e queima dos lardeiros.
Mércores de Cinza. 26 de Febreiro.
Remata o entroido co Enterro da Sardiña. Ás 20:00 horas recorrerase o pobo de Vilariño ca sardiña, a cal despois será incinerada no Toural e un ano máis, a continuación, celebrarase a sardiñada.
Deixamos todo o material relevante dispoñibel e as bases dos concursos que se realizan durante todo o entroido.
Máis información e contacto:
- No email: entroidovilarinodeconso@gmail.com
- Nos teléfonos: 618 906 833 / 669 844 840