R9 - ruta do encoro do vao
>> A ruta máis curta do Centro BTT moi sinxela e apta para todos os niveis que rodea o Encoro do Vao dende o Concello de Vilariño de Conso.
Co encoro do Vao como protagonista, todos os afeccionados á BTT poden gozar dun percorrido variado cuxa única dificultade está no ascenso á aldea de Conso por unha pista de formigón. A senda homologada P.R.G.-118 “Ruta dos Soutos” foi aproveitada en parte para o deseño desta ruta, polo que haberá que prestar atención á presenza de sendeiristas e respectar as normas de circulación. Na aldea de Conso sitúase o Pazo de Conso, exemplo das casas tradicionais galegas de carácter señorial. Desde este punto continúase en dirección á Vesada para cruzar o encoro do Vao pola ponte de Santa Mariña. Nesta encrucillada pódense seguir os sinais da ruta 10 da conexión con Viana do Bolo ou ben regresar a Vilariño de Conso facendo unha última parada obrigada na praia fluvial do río Cenza, moi preto do final da ruta.
Saída | Casa do Concello (Vilariño de Conso) X= 42º09.985´N Y= 007º10.933´W |
altura máxima | des. acum. positiva | dificultade | enlaces | |
772 | 244 m | ![]() |
10 | |||
Chegada | Casa do Concello (Vilariño de Conso) X= 42º09.985´N Y= 007º10.933´W |
altura mínima | pendente máx. | distancia | tempo | índice IBP |
651 | 21,7 % | 7,8 km | 1 h | 29 |