Convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, e tramitación ordinaria, para a adxudicación do contrato de servizo de axuda no fogar (SAF básica e dependencia).
- No perfil do contratante publícase íntegros os pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas que rexerán a contratación.
- Entidade adxudicadora: Concello de Vilariño de Conso.
- Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
- Obtención de información: no perfil do contratante do concello (www.vilarinodeconso.es) e nas propias dependencias municipais.
- Denominación: contrato do servizo de axuda no fogar (SAF básica e dependencia).
- Tipo de contrato: servizo.
- Procedemento: aberto.
- Tramitación: ordinario.
- Orzamento/valor estimado:
- O prezo máximo de licitación é de:
- Modalidade de dependencia: 12,02 €/hora + 4 % IVE = 12,50 €
- Modalidade de libre concorrencia: 11,36 €/hora + 10 % IVE= 12,50 €.
- Horas estimadas ao ano:
- Modalidade de dependencia: 2.252 horas/ano.
Modalidade de libre concorrencia: 739 horas/ano.
Total: 2.991 horas previstas.
- Valor estimado anual:
- Modalidade de dependencia: 27.069,04 + 4% IVE (1.082,76)= 28.151,80 €
Modalidade de libre concorrencia: 8.395,04 + 10%IVE (839,50) = 9.234,54 €
Totais: 35.464,08 + 1.922,26 = 37.386,34 €
- O prezo máximo de licitación é de:
- Duración: un (1) ano, prorrogable un (1) ano.
- Prazo de presentación de ofertas: As proposicións presentaranse en horario de atención ao público, dentro do prazo de quince (15) días hábiles contados dende o seguinte á publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
- Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vilariño (Rúa do Museo, 3 de Vilariño de Conso) ou por correo, segundo previsto no prego.
A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto nos pregos de cláusulas administrativas, que estarán publicadas no perfil do contratante do Concello de Vilariño de Conso, no que consta a documentación precisa e demais datos necesarios para a licitación.
Sen prexuízo de calquera outros recursos que se estimen procedentes, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante o órgano de contratación do concello no prazo de un mes e alternativamente de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do ContenciosoAdministrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos dende o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, no seu caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).
Vilariño de Conso, 27 de marzo de 2017. O alcalde. Asdo.: D. Ventura Sierra Vázquez.