A coroa

Descripción do xacemento:
Castro de espolón (está sinalizado) que goza dun amplo dominio visual do entorno. A estrada que trascurre pola súa orientación norte puido alterar algunas das súas defensas. Trátase dun asentamento cun gran parapeto ou muralla situada na orientación norte cun gran derrumbe de elementos de granito. Posúe tamén un foxo na mesma orientación. Por outra parte, na zona norte, antes de acceder ao recinto hai unhas posibles pedras fincadas coñecidas como Cemiterio dos Mouros.

Coordenadas e altitude:
    UTM:
              X: 647.966
              Y: 4.667.031
    Altitude: 961 m.s.n.m

Adscripción:
    Cultural: Idade do Ferro
    Tipolóxica: Asentamento

Localización:
    Lugar: Sabuguido.