A avespiña do castiñeiro, unha praga que se detectou por primeira vez en Galicia hai tres anos, extendeuse xa á máis da metade dos concellos da comunidade, incluíndo as principais áreas produtoras como o noso municipio, Vilariño de Conso. Medio Rural xa afirmou que se ten detectado a avespiña no 56% dos concellos de Galicia: 50 municipios do centro e sur de Lugo, 76 municipios de Ourense -con excepción das zonas de montaña do leste-, 33 da Coruña e 17 de Pontevedra, sobre todo da zona oeste limítrofe con Ourense e Lugo.
Bugallo da vespa no castiñeiroO presidente da IXP Castaña de Galicia, Jesús Quintá, recoñece que esta campaña xa se esperan perdas debidas á avespiña do castiñeiro, xa que esta se esta a extender con rapidez por todas as principais zonas produtoras. “A progresión da avespiña está sendo peor da que esperabamos. Sabemos que van vir uns anos malos”, constata.
O único sistema coñecido para combatir a avespiña consiste na loita biolóxica a través da liberación dun insecto, o ‘Torymus sinensis’. O problema radica en que Agricultura está a retrasar a autorización para facer soltas masivas do ‘Torymus’. Polo de agora só permitiu soltas experimentais, que no sector considéranse insuficientes. En Galicia, no 2015 liberáronse 10.000 ‘Torymus’. O ano pasado foron 66.000 e este ano 133.000. A eficacia das soltas espérase para o medio prazo, pois o insecto que combate a avespiña ten unha expansión máis lenta que a praga. “Está demostrado que o ‘Torymus’ funciona a medio prazo, pero canto menos se solte ou máis se retrase o permiso para soltas masivas, máis tempo tardaremos en recuperarnos dos danos da avespiña”, valora Jesús Quintá.
Para máis información deixamos esta guía que describe os tratamentos fitosanitarios destinados a protexer o castiñeiro e como combatir a avespiña.
Título:
Medidas contra a avespa chinesa do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus)
Resumo:
Esta guía describe os tratamentos fitosanitarios destinados a protexer o castiñeiro da avespa chinesa (Dryocosmus kuriphilus).
Ano publicación: 2015 | DL: C 1059-2015 | Nº páx:: 23