O Centro BTT Portas de Galicia encóntrase en plena fronteira entre Galicia, Portugal e Castela e León, no xeodestino de Verín-Viana. Doce percorridos, que suman un total de 244 km, permiten coñecer os municipios da Gudiña, A Mezquita, Riós, Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Rutas de diferentes niveis de dificultade conectan todo o territorio de sur a norte, existindo a posibilidade de poder realizar unha gran ruta por etapas desde Riós ata Viana do Bolo. Tamén existen outras de trazado circular máis sinxelas e ideais para realizar en familia como son a Ruta Encoro do Vao en Vilariño de Conso e Ruta As Telleiras en Viana do Bolo. Explora o contorno de Portas de Galicia en BTT atravesando a súas montañas redondeadas e profundos vales para descubrir os encoros das Portas e O Vao, coñece a riqueza histórica e etnográfica de vilas como Viana do Bolo, saborea unha gastronomía na que a castaña é o produto de excelencia, degusta o viño da Denominación de Orixe Monterrei e transita por algúns dos tramos do Camiño de Santiago do Sueste (Vía da Prata).
Para más información poñerse en contacto directamente co centro BTT Portas de Galicia.
Na seguinte lista aparecen as rutas BTT do noso concello, en cada ligazón pódese ver información referente a cada unha delas, además da posibilidade de visualizar os datos das distintas rutas no ordenador e no GPS a través dos ficheiros GPX e KMZ. As coordenadas GPX son ficheiros de intercambio de datos entre GPS's e necesitan dun programa adecuado ao seu GPS para poder importalos. As coordenadas KMZ son ficheiros con datos xeográficos que necesitan do programa gratuíto Google Earth para poder visualizalos.