R10 - Conexión VILARIÑO DE CONSO-VIANA DO BOLO

>> Ruta que percorre de sur a norte parte do Encoro do Vao para conectar os concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo.


Un percorrido espectacular que comparte os seus primeiros quilómetros coa ruta 9, “Ruta do Encoro do Vao”, pedaleando a través das dúas beiras deste encoro que baña o territorio coñecido como “Terras do Bolo”. Tras cruzar a ponte de Santa Mariña esta ruta continúa en dirección norte ata alcanzar O Lombo e O Campo Vello. En Quintela do Pando pódese visitar a igrexa de Santa Isabel e gozar das panorámicas do Alto da Chavea. Tras atravesar a ponte que une os concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo, existe a posibilidade de conectar a ruta 11 do Centro BTT, “Ruta As Telleiras”, ou ben realizar os últimos quilómetros pola estrada que atravesa a localidade ata chegar á Casa da Cultura onde se localiza o punto de acollida.

 

SaídaCasa do Concello (Vilariño de Conso) X= 42º09.985´N Y= 007º10.933´Waltura máximades. acum. positiva dificultadeenlaces
900633 m(VERMELLO)9.11
ChegadaCasa da Cultura (Viana do Bolo) X= 42º10.713´N Y= 007º06.571´ W    altura mínimapendente máx.distanciatempoíndice IBP
64123.7%16 km1h 40'81

 

Imagen
r10_grafico
Imagen
r10_mapa