Entroido 2025

Compartir

É moi difícil precisar tanto os comezos como os motivos polos que xorde o Entroido en Vilariño de Conso xa que non se atopa documentación nin publicacións que nos dean unha época ou período exacto onde situar os seus comezos. Algúns autores sitúan o comezo destas festas na Idade Media, sinalando que os disfraces teñen claramente un significado na cultura medieval. Outros, sinalan a orixe do entroido na época en que os romanos tendo en conta a forte romanización de Galicia e en particular no Concello.

Pero sen embargo os habitantes desta zona estamos convencidos de o entroido non era máis que rituais pagás que facían os castrexos para despedir o inverno e darlle a benvida a primavera, e con ela a fertilidade dos campos e colleitas, así como a das mulleres, o brotar das flores e dos froitos.

É pois o entroido de Vilariño de Conso un entroido tradicional de celebracións de rituais ancestrais, espectáculos de sons, danzas, foliadas e fariñadas. Todo nun ambiente de sorna e diversión.

Asociación “Xuntos polo Fulión” programou múltiples actividades para promocionar esta celebración no municipio de Vilariño de Conso. A programación iniciase o xoves día 20 de febreiro até o mércores 5 de marzo que rematará co Enterro da Sardiña. Os veciños e veciñas do lugar conmemoran nestes días unha das celebracións máis ancestrais do lugar declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

O programa previsto para o Entroido 2025, é o seguinte:

Xoves de Compadres
Este ano é o día 20 de Febreiro, pero nos, volvémolo celebrar o día 21 de Febreiro. A colga do lardeiro será ás 21:30 horas e despois a cea dos homes en Vilariño.

Xoves de Comadres
Será o día 27 de Febreiro, pero nos, volvémolo celebrar o día 28 de Febreiro. Ás 21:30 horas haberá unha ronda de Fulión polo pobo de Vilariño, colga da lardeira e a continuación, a cea de mulleres.

Chegou o GRAN DÍA. Sábado de Entroido. 01 de Marzo.
Ás 11:00 horas, apertura do mercado de artesanía situado na praza do pobo.

Ás 11:30 horas comezará o desfile de fulións e concurso de carrozas.

Ao remate do desfile, ó redor das 14:30 horas, terá lugar o xantar da XXXVI Festa do Cabrito. As entradas desta Festa son limitadas, cun prezo de 25 euros por persoa (nenos/as menores de 4 anos 5 euros) que so se poderán mercar ata o sábado 22 de febreiro.

Tamén podedes mercar as entradas a través da entidade bancaria ABANCA ingresando o importe no número de conta: ES47 2080 0455 0930 4000 3661

Tamén están a venta nos seguintes puntos:

  • Carnicería Nogueira (A Rúa)
  • Tri-Sport (O Barco).
  • Supermercado Onda, Panadería Guerra e Bar Foliada, Albergue VilaVilariño (Vilariño de Conso).
  • Bar Emigrante (Viana do Bolo)
  • Restaurante Bruma (A Gudiña)
     

As 17:30 horas ronda de fulións e as 19:00 horas continuará a festa co DJ Presentador de la Jungla na carpa situada no patio do colexio.

Domingo Gordo. 2 de Marzo.
As 20:00 horas visita a un pobo e pequena representación de versos dunha foliada tradicional.

Luns de Entroido. 3 de Marzo.
Ás 19:00 horas ronda de fulións, seguido as 20:30 horas da degustación do tradicional “Porco o espeto” (na carpa situada no patio do colexio).

Ás 22:00 concurso de disfraces e a continuación festa con DJ Tariro.

Martes de Entroido. 4 de Marzo.
Ás 19:00 horas ronda de fulións e queima dos lardeiros.

Máis información e contacto:

Programa do entroido