Exposición pública da aprobación inicial do orzamento xeral municipal para 2016

Compartir

Exposición pública da aprobación inicial do orzamento xeral municipal para 2016

Aprobación inicial do orzamento municipal para 2016

O Pleno deste Concello de Vilariño de Conso, na sesión ordinaria realizada o día 30 de marzo de 2016, aprobou inicialmente o orzamento xeral municipal para 2016, as bases de execución, o cadro de persoal funcionario e laboral fixo e temporal para o exercicio económico de 2016 e demais documentación. Segundo o previsto no artigo 169 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e o artigo 20 do Real decreto 500/1990, do 20 de abril, exponse ao público o expediente e a documentación preceptiva polo prazo de quince días dende a publicación deste anuncio, para os efectos de reclamacións e alegacións.

De conformidade co acordo adoptado, o orzamento considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións ou alegacións. Vilariño de Conso, 31 de marzo de 2016. O alcalde. Asdo.: Ventura Sierra Vázquez.

Pode consultar máis información do BOP premendo aquí.