R8 - Ruta do VAL do RÍO CONSO

>> Ruta circular de gran beleza con visita obrigada á aldea pintoresca de Hedrada.


Magnífica ruta que percorre o val do río Conso e que combina á perfección a paixón pola bicicleta de montaña co pracer de descubrir unha paisaxe virxe e autóctona. Tras alcanzar a aldea de Soutelo e descender por un souto ata a ribeira do río Pentes accédese á aldea de Soutogrande. Este lugar é recoñecido pola presenza do Castiñeiro da Corredoira, un dos maiores de Galicia. En Sabuguido non hai que deixar de visitar a igrexa de Santa María, unha das mellores mostras arquitectónicas do territorio. Seguindo un antigo camiño empedrado que percorre parte da senda coñecida como “Ruta de Sabuguido”, á altura do encoro de Hedrada está sinalizado un desvío fóra de ruta que finaliza na aldea do mesmo nome. Esta aldea pintoresca, de visita obrigada, conta con varios lugares de interese como a capela de San Xoán e a fervenza de Hedrada. Á altura do encoro a ruta prosegue por unha estrada con pouco tránsito en dirección a Casarellos ata atinxir Entrecinsa, onde, en paralelo ao río Conso, se recorren os últimos quilómetros de regreso a Vilariño de Conso.

 

SaídaCasa do Concello (Vilariño de Conso)
X= 42º09.985´N Y= 007º10.933´W
altura máximades. acum. positivadificultadeenlaces
956787 m(VERMELLO)sin conexión
ChegadaCasa do Concello (Vilariño de Conso)
X= 42º09.985´N Y= 007º10.933´W
altura mínimapendente máx.distanciatempoíndice IBP
66124.4%18.9 km2h90

 

Imagen
r8_grafico
Imagen
r8_mapa